Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións

12/03/2017

Terraforming

   
Divulgación científica sobre terraformación- Burgo dás Nacións


     A Bolsa de Informática, Sociocultura e Voluntariado comunica que o vindeiro Martes 14 de Marzo do 2017 ás 20 horas terá lugar, no Aula Magna da Facultade de Bioloxía, unha charla de divulgación científica sobre terraformación, impartida por Borja Tosar, divulgador científico. Está pensada para un público non ilustrado na materia, pero con curiosidade sobre os temas de actualidade como a terraformación de Marte.

23/11/2016

Concurso de relato breve de 82 palabras



Concurso de relato breve de 82 palabras - actividade de informática e biblioteca.

Prezados residentes

Infórmase de que a partir do día 23/11/2016 comeza o concurso de relato breve organizado pola bolsa de sociocultura, informática e voluntariado. Os residentes poden participar enviando un ou máis textos de temática libre e que en ningún caso poderán exceder un máximo de 82 palabras. Tede en conta que os relatos deben ser da vosa autoría, non se aceptarán plaxios, pois o obxectivo da actividade é fomentá-la creatividade e o talento literario dos residentes. Os textos serán avaliados por un xurado que decidirá o gañador do concurso seguindo criterios de orixinalidade, boa redacción e cumprí-las bases do certame.

A entrega do relato, que levará un sobrenome xunto ó título, farase nun sobre no que irá acompañado dunha folla na que figurarán os vosos datos persoais (nome, apelido e habitación) e será entregado en recepción. O xurado estará composto na sua totalidade por membros da residencia, formarán parte del un conselleiro, un bolseiro, un membro de direccion e catro residentes que non tenhan ningun cargo (conselleiro ou bolseiro) un por fase (A,B,C) e un ao azar. A identidade do xurado non se dará a coñecer ata que se faga público o nome do gañador. A carta pode ser unha folla dobrada e pechada con celofán, non é preciso un sobre de correos. Si non sabedes como facelo, poñerase un tutorial breve explicando paso por paso cómo facer unha carta e cómo meter todo dentro para que non haxa dúbidas.

Información resumida:
Data de apertura: 23/11/2016
Data de pechadura 15/12/2016
Pronunciación do ranking nos proximos dias á pechadura.

No blog de informática publicaranse todos os relatos e o posto no que quedaron para que todos os residentes os poidan ler e gozar.

Moitas grazas polo voso tempo e que teñades un bo día.


Atentamente o bolseiro de sociocultura-voluntariado-informatica
informatica@burgodasnacions.com