Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Google+ en galego

12 de mar. de 2012

Google+ en galego

O Google+ é para uns a rede social do futuro, para outros un fiasco que xa naceu sen futuro. Sexa como for, o caso é que está aquí e a xente de Google está disposta a dalo todo por ela. Unha das últimas melloras foi a introdución de novos idiomas, entre os cales o noso. Se tes un perfil feito na dita rede e queres póla en galego, só tes que seguir as instrucións que deu o noso bolseiro de Informática na propia rede.

Google+ en galego

Xa está activa a interface en galego do Google+. Para activala fai o seguinte:

Modo 1: Vai a https://www.google.es/settings/language e selecciona o galego como idioma principal.

Modo 2: Clica sobre o teu avatar da esquina superior dereita, dálle a Configuración da conta, Idiomas e selecciona o galego como idioma principal.

Opcionalmente tamén podes incluír idiomas secundarios para aquelas cousas que aínda non estean traducidas ao galego. Por exemplo, no meu caso teño como segunda opción Português (Portugal) e como terceira opción Português (Brasil).

Fonte | https://plus.google.com/u/0/107442928174948778004/posts/3QgwVgqYtmy

Desde A Mesa pola normalización lingüística felicitaron a Google pola iniciativa, mais lembráronlle que outros servizos deles moi utilizados, como o Gmail ou o Blogger, aínda non contan con versión na nosa lingua. Esperemos que implementen as traducións o máis cedo posíbel.