Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Subtítulos en Galego, para gozares de series e filmes en V.O.

24 de abr. de 2012

Subtítulos en Galego, para gozares de series e filmes en V.O.


Seriéfilos que non podedes agardar nin un día para ver o último capítulo, cinéfilos que valorades a calidade dunha interpretación, linguófilos que gostades de escoitar idiomas alleos e xente estraña en xeral: Estades de sorte. Dous estudantes de primeiro de Grao en Informática da USC decidiron que tiñas demasiado tempo libre e deron en facer a primeira web de lexendas en galego.

Así, en Subtítulos en Galego vas encontrar o que o propio nome indica, lexendas para as series, filmes, documentais e demais. Aínda están a comezar, pero xa teñen xoias como I am Legend (Son Lenda) ou The Godfather (O Padriño). A que esperas para visitala?