Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Celebra as Letras Galegas e o #díadeInternet navegando en galego

17 de maio de 2012

Celebra as Letras Galegas e o #díadeInternet navegando en galego


O teu navegador está agora mesmo en .
Se o pon gl, gl_ES ou gl-gl, felicidades, xa estás a navegar en galego. No caso de que poña outra cousa, continúa a ler.

O día 17 de maio é un día especial. Dunha banda é o día das Letras Galegas, día por excelencia da nosa lingua; doutra banda, é o día de Internet. Por iso, hoxe mellor ca nunca é preciso lembrarmos a importancia de navegar en galego. Mais comecemos polo principio...

Que é navegar en galego?

Navegar en galego non significa ter a interface do navegador en galego (aínda que se queres podes baixar o Firefox en galego). Significa ter o navegador configurado de xeito que ao navegar pola rede detecte a túa preferencia pola lingua galega e ofreza os contidos, cando estean dispoñíbeis, nese idioma. Configuralo é sinxelo, non leva máis de dous minutos e estarás a facer un importante labor na promoción da nosa lingua.

Por que é importante navegar en galego?

Para comezar, se visitas unha páxina traducida a varias linguas (por exemplo, o Youtube), a páxina verase no idioma que teñas predefinido. Se este é o galego, a web verase en galego, sen necesidade de andar a mudar o idioma cada vez que entras nela. Tamén na descarga de certos programas (como o LibreOffice) a web detecta automaticamente o teu idioma de preferencia e descarga o programa nesa língua.

E o máis importante, ao visitares unha web fican rexistrados varios datos dos visitantes (sistema operativo, navegador, resolución de pantalla...) para axudar aos desenvolvedores a saber o perfil maioritario dos usuarios e crear a páxina en consecuencia. Un deses parámetros é o idioma, e ao ter configurado o navegador en galego as webs verán que es galegofalante e favorecerás que teñan en conta a nosa lingua (por exemplo, para meter présa a Google á hora de traducir os seus servizos).

E como se configura o navegador para navegar en galego?

A web Navega en galego ten uns excelentes titoriais que che han de axudar a configuralo. Tan só tes que clicar aquí abaixo no navegador que esteas a utilizar: