Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: RadioChuza, música en galego as 24 horas

15 de maio de 2012

RadioChuza, música en galego as 24 horas



Baixar .m3u para ouvir no teu reprodutor


A web de novas Chuza! decidiu ir un paso máis alén e adentrarse no mundo da radio. Deste xeito, grazas ao proxecto RadioChuza, podemos gozar de 24 horas de música ininterrompida na nosa lingua.

Podedes escoitala directamente co widget de arriba, ou podedes baixar o ficheiro .m3u para ouvila desde o voso computador ou teléfono móbil. É preciso estar conectado á Internet para ouvila, ollo!