Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: O meu Ubuntinho, o blogue galego do Ubuntu

15 de xan. de 2013

O meu Ubuntinho, o blogue galego do Ubuntu


O meu Ubuntinho é un blogue galego dedicado enteiramente á distribución de Linux máis coñecida actualmente, Ubuntu. Nel podes encontrar toda a actualidade, guías e titoriais relacionados con el. Conta tamén cun foro onde podedes resolver as vosas dúbidas e problemas, ou partillar a vosa experiencia coas persoas que se están a iniciar.

Tamén podes seguilos no Twitter (@oMeuUbuntinho) para estares informada ao momento ou achegarlles as dúbidas e peticións que tiveres.