Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Webserie: Mis ex novias

21 de xan. de 2013

Webserie: Mis ex novias


Título: Mis ex novias (As miñas ex-mozas)
Lingua: Castelán
Episodios: 24+
Duración: 1-3 min
Web: http://www.misexnovias.com/

Mis ex novias é unha webserie baseada en feitos reais. Cada capítulo conta unha anécdota verídica, xa sexa dos creadores ou enviada por fans, sobre a vida en parella. Toda a serie en conxunto supón unha lección vital, chea de ensinanzas aplicábeis ao día a día conxugal. Tanto ten se queres aprender como as laranxas poden mellorar os problemas de comunicación coa parella ou prefires coñecer os múltiplos usos dun polo de goma, esta é unha serie que paga a pena ver.