Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Xa está dispoñíbel o Twitter en galego

20 de feb. de 2013

Xa está dispoñíbel o Twitter en galego


Xa está activa a interface en galego do Twitter! Cómpre ter en conta que aínda está en fase beta e pode ter algúns erros, grallas ou fallos, que se irán solucionando a medida que se vaian localizando.

Esta tradución foi posíbel grazas ao traballo de todas as persoas que traduciron desinteresadamente a interface e, especialmente, á campaña que se fixo desde @tweet_en_galego. Moitas grazas!

Como pór o Twitter en galego?

  • Entra na túa conta de xeito normal.
  • Vai a Axustes (Settings).
  • Busca o apartado Lingua (Language).
  • No menú despregábel escolle a opción Galego (beta) (Galician-Galego (beta)).
  • Dálle abaixo de todo a Gardar cambios (Save changes).
  • Introduce o teu contrasinal e dálle a Gardar cambios (Save changes).
  • E pronto, xa tes a interface do Twitter en galego!