Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Problemas co WiFi en Ubuntu no Packard Bell Etna-GM

29 de abr. de 2013

Problemas co WiFi en Ubuntu no Packard Bell Etna-GM

Se tes un computador portátil Packard Bell Etna-GM ou Packard Bell Etna-GL e quixeches instalar Ubuntu (ou outra distribución de Linux), probabelmente toparíaste con que o WiFi está desactivado e non se pode activar. Vaia, se dás ao botón físico do teclado de activar o WiFi verás como a luz de que o WiFi está activo se acende e se apaga inmediatamente.

Pois ben, despois de botar unhas cantas horiñas procurando pola Internet dei cun foro onde dan unha solución que funciona. En resumo, abre a terminal e mete os seguintes comandos:
sudo modprobe -r acer-wmi
sudo rfkill unblock all
sudo su
modprobe -r acer-wmi
echo "blacklist acer-wmi" >> /etc/modprobe.d/blacklist.conf
exit
E xa está, agora o teu WiFi debería estar activado e deberías poder conectarte á rede que queiras.