Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Webserie: Untitled Web Series About A Space Traveler Who Can Also Travel Through Time

16 de abr. de 2013

Webserie: Untitled Web Series About A Space Traveler Who Can Also Travel Through Time

Nota: Se non aparecen automaticamente, preme aquí neste botón ↑↑↑↑↑ do reprodutor do Youtube
(só aparece despois de dar ao 'play') e selecciona os pés de vídeo en galego.


Título: Untitled Web Series About A Space Traveler Who Can Also Travel Through Time (Webserie sen título sobre un viaxeiro do espazo que tamén pode viaxar no tempo)
Lingua: Inglés (lexendado en galego)
Episodios: 6+
Duración: ~4 min
Web: http://www.theinspector.tv/

Na serie estadounidense Community apareceu unha parodia da serie británica Doctor Who, chamada Inspector SpaceTime. Co tempo os directivos de Community decidiron que a parodia deixase de aparecer, co que os seus creadores decidiron transformalo nunha webserie que nada tivese que ver con Community. E así, por obra e graza do crowfounding, apareceu Untitled Web Series About A Space Traveler Who Can Also Travel Through Time.

Cunha temporada xa dispoñíbel, e unha segunda en andamento, poderás seguir todas as aventuras do Inspector a través do espazo e do tempo. Inimigos acérrimos, arquiinimigos, plastróns e navallas ópticas... que máis podes pedir dunha serie de ficción científica?