Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Sopas Galegas, sopas de letras para Android

1 de ago. de 2013

Sopas Galegas, sopas de letras para Android


Debullapps é unha malvada multinacional galega formada única e exclusivamente por un electricista que tenta aprender a programar e mais un proxecto de médico a medio facer. Nesas condicións deron feito o seu primeiro aplicativo para smartphones e tablets con Android, un sinxelo xogo de sopas de letras.

Sopas Galegas conta con máis de 400 palabras divididas en 10 categorías e a posibilidade de buscar a definición delas no dicionario da RAG, na Wikipedia ou no mesmo Google. É unha oportunidade para ampliar o teu vocabulario e fachendear do ben que falas o galego: «a fuíña bateu contra o ulmeiro e magoouse na illarga dereita...».






Sopas Galegas