Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Novo curso. Novo horario.

28 de nov. de 2013

Novo curso. Novo horario.

Como xa sabedes este ano non é a bolseira de informática a que se vai encargar das impresións posto que se vos fixastes no entrechán xa instalaron a nube, para que todos vós poidades imprimir cando e canto queirades.

Por isto, o horario no que estarei na sala de informática da 3ª planta da fase A será:

Luns e mércores de 20 a 21 hs. 

Para calquera dúbida ou suxerencia tamén sabedes que podedes contactar a través do twitter @burgodasnacions ou a través do correo electrónico bolsadeinformatica@gmail.com . 

Ademais, instalarase en breves un buzón de suxerencias na propia sala de informática coa mesma función que o twitter e o correo electrónico.

Dentro de pouco empezaremos con algunha actividade dende a bolsa de informática, estade atentos!