Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Obradoiro nocións básicas Campus Virtual da USC, instalación de wifiusc e emprego de Prezi

23 de xan. de 2014

Obradoiro nocións básicas Campus Virtual da USC, instalación de wifiusc e emprego de Prezi


O vindeiro mércores 29 de xaneiro ás 20.00 horas, levarase a cabo un obradoiro para traballar nocións básicas sobre o uso do Campus Virtual da USC (resolvendo aquelas dúbidas que poidades ter e tratando os aspectos básicos para usalo sen ningún problema), instalación de wifiusc e uso de Prezi (unha ferramenta para realizar presentacións orixinais e en movemento).
Se vos interesa e querédesvos apuntar, hai unha lista na sala de informática (FASE A, 3º andar) na que tedes que poñer o voso nome e o número de habitación. 




Ademais, comunícovos que durante este cuadrimestre realizaranse outros tres obradoiros desde a Bolsa de Informática para traballar con ferramentas diversas: haberá un para mellorar o rendemento do sistema operativo dos ordenadores (traballando con Antivirus Avast, Spyware Terminator e CCleaner), outro para adquirir as nocións básicas arredor das ferramentas EdiLim, WebQuest e blogue e outro para traballar arredor dos programas Picasa e MovieMaker. Xa vos irei contando máis en canto se acheguen as datas.


Sempre podedes facer recomendacións a través das redes sociais ou ben polo correo electrónico bolsadeinformatica@gmail.com .



Animádevos!