Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: NOVO OBRADOIRO!

13 de feb. de 2014

NOVO OBRADOIRO!




Dende a bolsa de informática ofrécese un novo obradoiro para realizar o vindeiro mércores 19 de febreiro ás 20.00 horas.

Neste caso o que se pretende é mellorar o rendemento do sistema operativo de ordenadores propios. Con outras palabras, conseguir que o noso ordenador estea protexido de virus, malware, e todo tipo de ameazas para o sistema operativo que poidan poñer en risco o seu funcionamento.
Por isto, procederase a dar indicacións de instalación e nocións básicas de uso das ferramentas gratuitas:

- Antivirus Avast
- Spyware Terminator
- CCleaner

A idea é protexer os ordenadores propios, polo que aqueles que queirades participar deberedes asistir co voso propio ordenador. Isto implica que se teña que empregar un espazo que probablemente non sexa a sala de informática do 3º andar, polo que si que vos pido que se ides querer participar, VOS APUNTEDES NA LISTA QUE SE DEIXARÁ NO CORCHO DA SALA DE INFORMÁTICA O ANTES POSIBLE.


Xa sabedes, animádevos a participar! ;)