Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA INFORMÁTICA E DEPORTES

13 de mar. de 2014

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA INFORMÁTICA E DEPORTES



BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E EXPOSICIÓN BURGO DAS NACIÓNS 2014

ORGANIZAN DEPORTES E INFORMÁTICA

IMPRIME A TÚA COPIA NO SEGUINTE ENLACE, CÚBREO E ENTRÉGAO EN RECEPCIÓN ATA O 8 DE ABRIL

https://www.dropbox.com/s/7a8vw5at918o161/BASES%20CONCURSO%20DE%20FOTOGRAF%C3%8DA%20E%20EXPOSICI%C3%93N%20BURGO%20DAS%20NACI%C3%93NS%202014.pdf 

É REQUISITO INDISPENSABLE PARA PARTICIPAR NO CONCURSO, A ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES.

1ª PARTICIPANTES
Poderán participar neste concurso de fotografía aquelas persoas residentes da R.U. Burgo das Nacións durante o curso 2013-2014.

2ª TEMÁTICA
As fotografías serán sobre actividades deportivas e a vida da residencia Burgo das Nacións, poden aparecer persoas, sempre tendo en conta o previo consentimento sendo a persoa a autora da fotografía responsable ante calquera reclamación.

3ª OBRAS
Cada participante poderá presentar a concurso 2 fotografías de cada andaina:
-          As fotografías entregaranse en formato jpg, mediante correo electrónico a: informática@burgodasnacions.com (temática vida da residencia), a deportes@burgodasnacions.com ou subíndoas ao Facebook ou ao twitter e mencionando ou etiquetando ó Burgo das Nacións (temática deporte).
-          O arquivo de cada fotografía entregarase adxunto ao correo electrónico co número de DNI e o pé de foto (evitarase o nome, apelido ou alcume se non se sube polas redes sociais). No caso do concurso da vida da residencia é preferible non revelar a identidade.
-          Modificación nas fotografías: permítese o retoque das fotos sempre que se garde coherencia coa realidade da foto tomada.

4ª PRAZOS DE ENTREGA E LUGAR
As fotografías poderanse entregar nos enderezos electrónicos e nas redes sociais ata o día 8 de abril de 2014, as bases debidamente cumprimentadas entregaranse na recepción da residencia tamén ata o mesmo día.

5ª CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS
Valorarase a calidade, orixinalidade e a creatividade da fotografía tomada. Así como os votos a través da rede social Facebook da residencia, mediante os “gústame” en cada fotografía.

6ª PREMIOS
Aquela foto gañadora de cada un dos concursos levará un premio a determinar ou un cheque ou vale con valor económico.

7ª ENTREGA DE PREMIOS
A resolución do concurso e a entrega de premios terá lugar durante o mes de abril, o nome e e as fotografías das persoas gañadoras serán publicados posteriormente a través da rede social Facebook, así como nos taboleiros da residencia.
No caso de que a persoa premiada non estea presente na entrega de premios, a organización poñerase en contacto con ela e terá un prazo de 5 días para recoller o premio, se non o fixese darase o premio por deserto.

8ª INCOMPATIBILIDADES PARA RECIBIR UN PREMIO
A mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun premio, poderá concursar nas dúas modalidades pero só poderá gañar nunha delas.

9ª EXPOSICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS E CESIÓN DOS DEREITOS DE REPRODUCIÓN
As persoas participantes neste concurso autorizan a R.U. “BURGO DAS NACIÓNS” a realizar una exposición na residencia, a exposición estará composta polas fotos que se presentaron a concurso, tanto as premiadas como as demais presentadas, escolléndose entre estas últimas aquelas que teñan una boa calidade de imaxe. Cada fotografía levará o nome do seu autor/a. As persoas que participan neste concurso e exposición, outorgan a dirección da residencia o dereito de uso das fotografías a nivel divulgativo, facendo sempre mención do autor/a.

ACEPTACIÓN DAS BASES

D./Dna. _________________________________________________ con DNI
______________ data de nacemento __________ e residente no cuarto Nº
__________ , como participante no Concurso de Fotografía da R.U. Burgo das Nacións
2014, afirmo coñecer as bases polas que se rexe este concurso e confirmo coa miña
sinatura a aceptación das mesmas.
Santiago de Compostela, marzo de 2014.

Asdo.: ________________