Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Presentación curso 2014-2015

29 de nov. de 2014

Presentación curso 2014-2015

Ola a todos e todas! 

Antes de nada, preséntome.  Son Iria e serei a bolseira de Informática do Burgo este ano. 

A miña intención durante o curso é a de metervos un pouco as ganas e a curiosidade para fuchicar coa web e con distintos programas de ordenador, e que vexades que se poden facer cousas incríbles de maneira moi sinxela e sen necesidade de grandes gastos.


Para os que non estiverades na reunión informativa, as actividades que vos propoño poderían dividirse en 5 areas máis ou menos delimitadas : arte, literatura, cine, ciencia e música, e fariamos cousas como

Edición e montaxe de fotos
Banda sonora
Talleres literarios 
Curtametraxe
Deseño en 3D

Concursos variados

...

E moito máis ;)

 

Aquí irei subindo novas sobre as actividades (tanto as realizadas como as que aínda están por facer)  
Espero que vos gusten! 

 

Para calquer dúbida/suxerencia/rogo/ameaza/... poñédevos en contacto a través do correo : informatica@burgodasnacions.com

Se preferides facelo en persoa, estarei en informática todos os martes e mércores de 20:00-21:00h