Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Obradoiro literario

3 de dec. de 2014

Obradoiro literario


 Aínda que non tivo moito éxito esta iniciativa (compénsase co derroche de imaxinación do reto dos taboleiros :P), déixovos aqui o que tiña planeado para mostrar hoxe. A primeira parte consiste en ferramentas básicas, é dicir, programas que vos axudarán a ordenar un pouco o proceso previo á creación dunha obra literaria (xa sexa novela, conto ou guión cinematográfico). A segunda parte está enfocada á literatura e redes sociais, diferentes webs que promocionan a interacción dos usuarios mediante as súas creacións (xeralmente contan cun ránking e os máis votados acadan máis visibilidade e incluso publicacións).



 Tamén quería mencionar eiquí o taller literario que mes a mes leva a páxina web de Literautas, que inclúe triple corrección personalizada do relato que enviedes (aínda que vos tamén teredes que comentar os que vos envíen!) Cada primeiros de mes comeza un novo taller, e tedes de prazo para presentar os vosos relatos ata o día 15. Despois, enviaránvos tres textos a corrixir e revisar e por último recibiredes vos os comentarios de outros tres participantes. É unha forma bastante dinámica de poñerse a escribir e quitar o bloqueo do escritor, xa que cada mes as pautas que hai que seguir son distintas, animádevos a botarlle un ollo ;)



Cadáver exquisito feito con debuxos

 Por último, como feito de creación pura, preséntovos ó cadáver exquisito. (non, non é ningún morto que gardemos na neveira, por moito que os da fase c se declamen pioneiros) O cadáver exquisito é un xogo do surrealismo (Tzara, Bretón, Éluard,.. sónanvos?) que consiste en escribir nun papel unhas frases dando comezo a unha historia e pasar o papel entre os participantes co requisito de que estes non poden ver nada do que está escrito anteriormente. Isto produce historias verdadeiramente sorprendentes e surrealistas que axudan a desenvolver a creatividade en grupo. O nome do xogo provén dunha historia do propio xogo:

Le cadavre - exquis - boira - le vin - nouveau
 (O cadáver exquisito beberá o viño novo)



  Apetécevos xogar? Aquí queda un enlace para un Cadáver Exquisito que se está a realizar online.  


Todos os enlaces: OBRADOIRO LITERATURA