Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Guión para curta

16 de feb. de 2015

Guión para curta

Voltamos de novo cunha actividade que prometimos a comezos de curso: a realización dunha curta común!

Este xoves, de 16:00-17:00 na biblioteca (4º andar da fase C) estaremos a bolseira de biblioteca mais eu dando unha charla conxunta adicada a dar os primeiros pasos na creación deste guión colectivo. Mentres que a miña parte irá máis encamiñada ao "como" (como escribilo, como formatealo, como presentalo, como utilizalo, etc..), a da miña compañeira estará máis enfocada á propia creación, ao "que". Non dubidedes en achegarvos, aínda que sexa para aportar as vosas ideas máis tolas (xa sabedes, hoxe en día case todo é posible cun pouco de imaxinación!) 

Vémonos o xoves :)