Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: De estrelas e eclipses

15 de feb. de 2016

De estrelas e eclipses

Boas! Esta noite imos organizar un pequeno obradoiro de astronomía, utilizando o programa Stellarium, para pasar un anaco vagando polo universo cómodamente dende os sofás da sala de cine :) 

Stellarium  é un software gratuito e libre que nos permite recrear o ceo, tal e como o veríamos na data que escollamos, cos distintos elementos que estarían presentes nese momento. Para demostrar o seu funcionamento, voltaremos atrás no tempo para disfrutar dalgúns eclipses en tempo real. 

Non vos preocupedes, non vai ser nada teórico ou técnico, só consiste en amosarvos un pouco o que se pode chegar a facer co programa e divertirnos viaxando no espacio e tempo.

 Esperámosvos hoxe ás 22:30 na sala de cine!