Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Banco de Alimentos de Santiago de Compostela

23 de nov. de 2016

Banco de Alimentos de Santiago de Compostela




Banco de Alimentos no Burgo dás Nacións - actividade de voluntariado



En consoancia coa tradición solidaría e a implicación dos residentes do Burgo das Nacións, comeza a campaña anual de recolecta dos alimentos non perecederos para ser doados ao banco de Santiago de Compostela.

O prazo para as doazóns comprende desde o 23 de Novembro ata o 26, pero se non podedes participar, a vosa axuda e compromiso tamén será preciso para a eficiente organización e posterior reparto de tódolos materiais. Para poder contribuír na campaña só tedes que levar o alimento a entrada principal do Burgo, onde vos atoparedes cunhas caixas á beira dun cartel enorme forrado no que pon “Banco de alimentos”.
En canto á segunda actividade de voluntariado, podedes anotarvos na lista que hai en recepción. No mesmo día 26 darase máis información sobre ónde e cándo se fará se levará a cabo. Se vos apuntades e logo non puidérades brindá-la axuda, non vos preocupedes porque podedes retirarvos no caso de que sexa necesario.


Moitas grazas polo voso tempo e que teñades un bo día.