Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Informática | Burgo das Nacións: Concurso de relato breve de 82 palabras

23 de nov. de 2016

Concurso de relato breve de 82 palabras



Concurso de relato breve de 82 palabras - actividade de informática e biblioteca.

Prezados residentes

Infórmase de que a partir do día 23/11/2016 comeza o concurso de relato breve organizado pola bolsa de sociocultura, informática e voluntariado. Os residentes poden participar enviando un ou máis textos de temática libre e que en ningún caso poderán exceder un máximo de 82 palabras. Tede en conta que os relatos deben ser da vosa autoría, non se aceptarán plaxios, pois o obxectivo da actividade é fomentá-la creatividade e o talento literario dos residentes. Os textos serán avaliados por un xurado que decidirá o gañador do concurso seguindo criterios de orixinalidade, boa redacción e cumprí-las bases do certame.

A entrega do relato, que levará un sobrenome xunto ó título, farase nun sobre no que irá acompañado dunha folla na que figurarán os vosos datos persoais (nome, apelido e habitación) e será entregado en recepción. O xurado estará composto na sua totalidade por membros da residencia, formarán parte del un conselleiro, un bolseiro, un membro de direccion e catro residentes que non tenhan ningun cargo (conselleiro ou bolseiro) un por fase (A,B,C) e un ao azar. A identidade do xurado non se dará a coñecer ata que se faga público o nome do gañador. A carta pode ser unha folla dobrada e pechada con celofán, non é preciso un sobre de correos. Si non sabedes como facelo, poñerase un tutorial breve explicando paso por paso cómo facer unha carta e cómo meter todo dentro para que non haxa dúbidas.

Información resumida:
Data de apertura: 23/11/2016
Data de pechadura 15/12/2016
Pronunciación do ranking nos proximos dias á pechadura.

No blog de informática publicaranse todos os relatos e o posto no que quedaron para que todos os residentes os poidan ler e gozar.

Moitas grazas polo voso tempo e que teñades un bo día.


Atentamente o bolseiro de sociocultura-voluntariado-informatica
informatica@burgodasnacions.com